-¿Como se chaman eses tres?
-Steinbock, Ibbieta e Mirbal- dixo o garda.
O comandante puxo as antiparras e mirou na súa lista:
-Steinbock... Steinbock... Velaquí. Está vostede condenado a morte. Será fusilado pola mañá.
Mirou outra vez:
-Os outros dous tamén- dixo.
-Non pode ser- dixo Xoán-. Eu non.
O comandante mirou para el, pasmado.
-¿Como se chama vostede?
-Xoán Mirbal.
-Ben, o seu nome está aquí- dixo o comandante-, está vostede condenado.
-Eu non fixen nada- dixo Xoán.
O comandante encolleu os ombreiros e virouse cara a Tom e cara a min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario